Videocontos para traballar os valores: respeto, amistade, esforzo, empatía, tolerancia...
Mostrando entradas con la etiqueta Educación en valores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación en valores. Mostrar todas las entradas
"ERNESTO BO DÍA"
Unha divertida historia na que o protagonista, seguindo a máxima do avó —ao mal tempo boa cara—, non perde o ánimo nin nos momentos máis críticos; un comportamento que induce a pensar que hai que mirar o horizonte e afrontar as dificultades con tenacidade e confianza.
Aquel domingo, Ernesto estaba convidado a merendar na casa da súa noiva Henriqueta. A cita era ás seis, nin un minuto antes, nin un minuto despois. Ernesto saíu da casa nunha tarde soleada, mentres Henriqueta, a irmá, a nai, o pai e a avoa preparaban a merenda. Levantouse unha brisa, caeron unhas pingas, choveu e ventou… mentres a familia da noiva, desacougada, non deixaba de mirar o reloxo porque Ernesto non daba chegado...
"CARABUÑAS"
Conto dunha amizade entre un bruxo e a súa vítima.
Non son Caramuxo. Son Carabuñas,o que nunca corta as uñas!-contestou o bruxo, rabioso. Non me veñas con contos. Ti es Caramuxo! Dígoche que non. Son Carabuñas!
Aínda que resulte sorprendente, estamos ante o inicio dunha grande amizade: entre un bruxo que caza nenos para a súa despensa e a que ía ser asúa próxima vítima. Con todo, a intelixencia da pequena Branca evitará que Carabuñas a engula. Ademais, propiciará que a vida deste personaxe que nunca cortaba as uñas, dea un xiro de 360 graos.
"PERDIDO?"
Versión de Taxi Roberto Burela contada na voz de Antía.
Un conto moi tenro que trata os valores da amizade e sobre todo a atención cara aos sentimentos e ás necesidades dos outros, a superación, a valentía e a colaboración.
"ORELLAS DE BOLBORETA"
Videoconto relatado por dúas nenas de Primaria
Mara é especial e nada nin ninguén conseguirá restarlle valor ás súas calidades porque a súa nai lle deu a clave para saír airosa de calquera crítica: autoestima, imaxinación e espontaneidade.
CUENTOS PARA EDUCACIÓN EN VALORES
Pódense atopar contos en castelán de diferentes países.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


