Conxunto de contos con actividades interactivas elaborados polo CEIP de Palmeira co programa Ardora.
As actividades do Rato Paco, son desenvolvidas polo Equipo de Novas Tecnoloxías do CEIP de Palmeira mediante unha aplicación totalmete gratuita chamada Ardora que podes atopar en http://www.webardora.net/.
Todos os contos, fotos e imaxes son de elaboración propia do centro.
Contos infantís con humor, ilustrados a todo color e narrados oralmente. Para completar os contos, cada un ten actividades, ideais para docentes, nais ou pais que queiran traballar de maneira orixinal con estes textos.
Historias animadas nas que os personaxes cobran vida para mergullarche nun mundo máxico do que non quererás saír. Encantarache lelos unha e outra vez, e en ocasións... ata poderás elixir o final do conto!.
Proxecto de innovación de animación á lectura e novas tecnoloxías CRA "Ribera del Júcar" no que podemos atopar contos multimedia, poesías, adiviñas, chistes...
Lecturas infantís seleccionadas desde fontes diversas e adaptadas ao uso escolar (sección actividades). Proceden na súa maioría de Internet onde se achan ao alcance de todos, outras son resultado de actividades escolares e outras proceden de libros de texto escolares ou publicacións infantís diversas.
PequeCam, o portal dos peques onde ademáis de contos, adiviñas, poesías, trabalinguas... clasificados por temas, podemos atopar xogos, curiosidades, cancións...
Cuentos del Profesor Serapio para niños.
Estes contos pretenden romper o esquema dos antigos contos de fadas, e respectar o gusto dos nenos de hoxe por historias humorísticas e verosímiles, que lles permitan sentirse identificados. O protagonista é Pifucio, un neno traveso e pouco convencional, e acompáñano os seus compañeiros de xardín : Berberecho, Martina e Plomín.
Estes "Cuentos para Educación en Valores" forman parte dun Programa de Educación para a PAZ, un lugar onde a través das máis diversas vías, posibilita aos mestres ter ao seu alcance procedementos pedagóxicos e metodológicos que lles permitan formar nos nenos normas, valores, conceptos e comportamentos cara á asunción da paz e o rexeitamento á violencia como compoñentes esenciais da súa personalidade.
Pódense atopar contos en castelán de diferentes países.
Web de lecturas de lendas cun obxectivo: valorar as lendas e contos tradicionais coma un medio de aproximación á diversidade cultural dun pais.
Actividades interactivas sobre as lendas.
Páxina da escritora galega Milagros Oya na que se poden atopar contos en castelán e en galego, adiviñas, xogos...
Tamén a escritora preséntanos as súas obras con resumos e a posibilidade de adquirilas.
Conxunto de poesías clasificadas en dous grandes grupos: para os pequenos e os maiores.
Tamén presenta poesías interactivas e poesías para imprimir.
Enlaces a adiviñas, crucigramas, contos...
Este blog foi creado polo grupo da biblioteca do CEIP Isaac Peral (Ferrol). O seu obxectivo é o fomento da lectura e para iso ofrece unha serie de enlaces nos que se poden atopar contos, lendas, poesías, actividades multimedia...