Mostrando entradas con la etiqueta Lecturas en Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lecturas en Galego. Mostrar todas las entradas

CONTOS PARA A PAZ


 

Recompilación de contos para a Paz, en castelán e en galego.

A GUERRA DOS NÚMEROS

 UN era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS. Facendo un uso simbólico e metafórico da operación matemática de restar, Juan Darién achéganos á loucura das guerras orixinadas por mor da crenza, de que todo aquilo que é diferente supón unha ameaza.

O PAÍS DOS MANDÓNS

 No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. O cambio desas normas tan inxustas para crear un novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.

A PARTES IGUAIS

 Unha moza que, á falta de traballo, botouse a andar en busca de fortuna. No medio dunha leira atopouse con Brazodegorila. A moza díxolle: Queres vir comigo? Son libre -respondeu el-. Nin obedezo xefes nin sirvo señores. Repartirémolo todo a partes iguais -dixo ela. Con esta proposta, a moza recruta a outros tres personaxes máis. Cada un deles cunha habilidade física especial que utilizarán no beneficio do grupo e dos habitantes dunha vila sometida á tiranía dun rei.

EN GALEGO


EN CASTELÁN

NEGROS E BRANCOS

 Hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra. Ata que un día saíron da selva os netos dos elefantes amantes da paz...

EN GALEGO


EN CASTELÁN


A POMBA DONA PAZ

.A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. Cando o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños.

WANGUARI E AS ÁRBORES DA PAZ

Cando era pequena, en Kenia, Wangari vivía rodeada de árbores. Cando crece, comeza a deforestación masiva e teme que en breve todo o bosque sexa destruído. Así que decide plantar nove árbores e iniciar un movemento ecoloxista. 

Wangari Maathai naceu nunha pequena aldea da terra verde e fértil de Kenia e recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004.

EN GALEGO


EN CASTELÁN

OS CONTOS DO ENTROIDO

 

Recompilación de contos en galego e en castelán coa temática do entroido. 

Premer na imaxe para acceder. 

Elaborado con Genially

É TEMPO DE ENTROIDO!

 É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. E que pasa cando se xuntan algúns dos personaxes máis senlleiros do Entroido para darse unha boa paparota? Que non deixan nin a vergonza do galego!

CONTO EN GALEGO

 

CANTIGA

NON PARE A FESTA!

 Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa. Porque o Entroido é para enchedoiros, mais tamén para trouleiros e folieiras.

VIDEOCONTO CANTADO EN GALEGO

OS BOLECHAS VAN DE ENTROIDO

Xogos e peripecias contadas e ilustradas por Pepe Carreiro dunha familia, un pouquiño máis numerosa que outras, que aluará os ollos dos pequenos. 

EN GALEGO

O ENTROIDO OURENSÁN

Un conto para que os máis pequenos coñezan unha festa que serán os encargados de manter.

Os bolechas vanse disfrazanzo e  percorren os puntos xeográficos máis impotantes da provincia de Ourense, ao tempo que amosan as súas tradicións.

EN GALEGO 

O CARNAVAL DOS ANIMAIS

 Desde os animais de curral aos felinos, pasando polos seres acuáticos e os voadores. Toda a fauna do mundo reunida para celebrar o aniversario do Rei León ao ritmo das composicións de Camille Saint-Saëns.

Libro- disco

EN GALEGO 

 
 
MUSICAL

TOMÁS O BROMISTA

 O protagonista é un neno trapalleiro ao que lle encanta disfrazarse. Para facer bromas aos que visitan a súa casa. Ao reutilizar material usado, é capaz de vestirse como un crocodilo, un león, unha abella, un elefante... Pero o último, o mellor, pensan os receptores de tantos sustos.

Bromas rimadas para ler a gargalladas. 

EN GALEGO 

 
 
EN CASTELÁN

GRISELA

 "Grisela" é unha fábula actual sobre a importancia de ser un mesmo, aceptarse cos efectos e virtudes de cada un. 

Cando Grisela se sente mal polo seu aspecto, a ratiña protagonista tenta pintarse de varias cores pero nin vermello, nin verde, nin amarelo, nin raiado, nin con flores pode sentirse mellor. 

O motivo do rexeitamento é o ridículo dos demais animais.

 EN GALEGO

   

EN CASTELÁN

TÍO LOBO

Un conto de medo e humor cun final inesperado.

Carmela é unha nena moi larpeira, a súa nai vaille preparar unhas chulas de entroido pero tenlle que pedir prestada a tixola ao Tío Lobo. 

EN GALEGO

EN CASTELÁN

A MÁSCARA DO LEÓN

A historia cuestiona as vidas rexidas polo que os demais esperan dun. Neste sentido, alerta sobre a enorme infelicidade que provoca a dificultade de ser un mesmo, algo tan simple e tan complicado á vez.

Unha noite, Papá León foi visitar o picapau e encargoulle unha máscara lixeira como unha pluma, fría como o odio e vermella como a ira. 

VIDEOCONTO E CANTIGA

 
 
VIDEOCONTO 

ELMER

Ë a historia do entrañable elefante multicolor, un clásico que aplaude a diversidade e as diferenzas, que promove a solidariedade e o respecto, a amizade e a aceptación.

Elmer, un elefante multicolor, non está contento coa súa aparencia, gustaríalle parecerse aos seus compañeiros e intenta vestirse como un elefante gris.

EN GALEGO

 
 
EN CASTELÁN

O LIBRO QUE SE SENTÍA SO

 O libro sentíase feliz cando o lían, e a miúdo algún neno o levaba para a casa. Pero o libro volveuse vello e case ninguén o sacaba da estantería da biblioteca. Ata que un día, unha nena pequena atopou o libro solitario e comezou a ler aquelas páxinas gastadas...

EN CASTELÁN 

  

EN GALEGO

OS CONTOS DO APALPADOR


Contos sobre o Apalpador nos que nos relata a historia desta figura do Nadal en Galicia.