A POMBA DONA PAZ

.A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. Cando o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario