Había unha vez un país grande, moi grande, gobernado por un xeneral que pasaba o tempo invadindo países veciños co seu exército. Sempre gañaba todas as guerras, conquistaba todos os países e os seus habitantes críanse os mellores do mundo. Cando o xeneral foi conquistar o país máis pequeno, o último que lle quedaba, resultou que alí non había exército e ninguén opuxo a máis mínima resistencia. O seu pobo acolleu os soldados con gran amabilidade e atención. Os soldados déronse conta de que era unha vida diferente e, como estaban aburridos, comezaron a axudar coas tarefas. O xeneral enfadouse moito, ordenou que os substituísen por novos soldados e...
EN CASTELÁN
No hay comentarios:
Publicar un comentario